Convida os teus amigos

Convida 10 amigos e estuda un mes con SuperMagIA

Comparte o teu código con quen estuda contigo. Cada amigo que se rexistra con el e crea a súa primeira Carpeta fai que avances un fito: polo camiño gañas máis orzamento, con 5 amigos un mes de MagIA e con 10, un de SuperMagIA.

10 amigos, 10 fitos

Cada amigo fai que avances un fito e todos traen premio. Os boosts danche máis orzamento durante uns días, e nos fitos 5 e 10 espérate un mes de plan gratis.

  1. Fito 1: un 10 % máis de orzamento de xeración durante 7 días.
  2. Fito 2: un 10 % máis de orzamento de estudo durante 7 días.
  3. Fito 3: un 10 % máis de orzamento de xeración durante 7 días.
  4. Fito 4: un 10 % máis de orzamento de estudo durante 7 días.
  5. Fito 5: un mes de MagIA gratis.
  6. Fito 6: un 20 % máis de orzamento de xeración durante 14 días.
  7. Fito 7: un 20 % máis de orzamento de estudo durante 14 días.
  8. Fito 8: un 20 % máis de orzamento de xeración durante 14 días.
  9. Fito 9: un 20 % máis de orzamento de estudo durante 14 días.
  10. Fito 10: un mes de SuperMagIA gratis.
  • Os boosts comezan a contar cando os activas, así que podes gardalos para cando máis os precises. Se activas varios, súmanse.
  • Os boosts de estudo só existen en Free: con MagIA e SuperMagIA o estudo xa é ilimitado.

Tres pasos e avanzas un fito

  1. Comparte o teu código

    Está na sección Referidos de PROXUS, xunto á túa ligazón de invitación. Mándao por onde fales cos teus amigos.

  2. O teu amigo rexístrase con el

    Se entra coa túa ligazón, o código xa vai posto. Se non, escríbeo ao crear a súa conta.

  3. Crea a súa primeira Carpeta e avanzas

    Nese momento conta. O teu premio espérate en Referidos ata que o actives ou o troques.

O teu amigo tamén comeza gañando

Quen se rexistra co teu código comeza co fito 1 feito en canto crea a súa primeira Carpeta: un 10 % máis de orzamento de xeración durante 7 días.

  • Ese fito conta para os dous: ti avanzas un e o teu amigo comeza co seu.
  • Ten o seu propio código desde o primeiro día para convidar os seus amigos.

O que convén saber

  1. Un amigo conta cando se rexistra co teu código e crea a súa primeira Carpeta. Ata entón aparece como pendente.

  2. O código só se pon ao crear a conta: non se pode engadir despois.

  3. Só podes trocar un dos dous meses gratis, o de MagIA ou o de SuperMagIA. Se trocas o do fito 5, renuncias ao do 10.

  4. Os premios non se aplican sós: actívalos ou trócalos en Referidos cando queiras, e non caducan.

  5. O mes gratis é o primeiro dunha subscrición mensual nova. Despois renóvase ao seu prezo habitual, salvo que a canceles.

  6. Se xa tes unha subscrición, poderás trocar o mes cando remate.

Sobre convidar amigos

Tes outra dúbida? Convidar amigos no centro de axuda

Onde atopo o meu código?

Na sección Referidos de PROXUS. Aí tes tamén a túa ligazón de invitación, cantos amigos levas e os teus premios.

O meu amigo xa ten conta. Pode usar o meu código?

Non. O código só se pon ao crear a conta e non se pode engadir despois.

O meu amigo rexistrouse e aínda non me conta. Por que?

Conta cando crea a súa primeira Carpeta. Ata entón velo como pendente en Referidos.

Podo trocar os dous meses gratis?

Non, só un: o de MagIA do fito 5 ou o de SuperMagIA do fito 10. Se queres SuperMagIA, non troques o de MagIA e segue convidando.

Xa pago unha subscrición. Sérvenme os premios?

Si. Os boosts de xeración súmanse ao teu plan e o mes gratis trócalo cando remate a túa subscrición. Os de estudo non che fan falta: con MagIA e SuperMagIA o estudo xa é ilimitado.

O teu código estache esperando

Rexístrate gratis, crea a túa primeira Carpeta e comeza a convidar desde Referidos.

Rexístrate gratis