Escolle como queres estudar
Dentro da túa preparación de exame, cada lección xa trae a súa ferramenta. E cando queiras outra, pídella a MagIA e tela solta na túa Carpeta.
Para entender
Les ou escoitas o teu temario doutra forma.
Para memorizar
Fixas definicións, datas e fórmulas.
Para comprobar
Ves axiña o que xa sabes e o que non.
Para practicar
Respondes como no exame e MagIA corríxete con solución modelo.
Preguntas abertas
Preguntas curtas, de desenvolvemento e de redacción que respondes coas túas palabras. MagIA corríxete e ensínache a solución modelo.
Problemas
Problemas como os do teu exame, coa corrección de MagIA e a solución modelo.
Casos prácticos
Casos prácticos e comentarios de texto, co texto á vista mentres respondes.
Estuda con axuda ou ponte a proba
Os test, o verdadeiro ou falso, as preguntas abertas, os problemas e os casos teñen dous modos. Cámbialo ti ou pídesllo a MagIA.
Estudo
Corrixes ao momento e tes a MagIA para pedirlle unha pista ou que che explique a pregunta.
Simulacro
Sen axuda, co tempo contando cara atrás e a nota ao final, como no exame. Entran todas as preguntas da lección e escolles o tempo, 60 minutos se non o cambias. No test e no verdadeiro ou falso, tamén a penalización por fallo.
As flashcards, os apuntamentos, os mapas e os podcasts úsanse en modo estudo.
Pídello a MagIA
Pídeo coas túas palabras
«Faime flashcards do tema 2» ou «un test como o meu exame de maio».
Revisa a proposta
MagIA diche que vai crear, de que documento, cantas preguntas ou tarxetas e con que dificultade.
Estuda
Xérase mentres segues usando a app e aparece na túa preparación ou na túa Carpeta.
Sobre as ferramentas
Que ferramentas hai?
Para entender, apuntamentos, mapas (mentais, conceptuais, cronoloxías e procesos) e podcasts. Para memorizar, flashcards. Para comprobar, test e verdadeiro ou falso. E para practicar como no exame, coa corrección de MagIA, preguntas abertas, problemas e casos prácticos ou comentarios de texto.
Como creo un test, unhas flashcards ou outra lección?
Pídello a MagIA, por exemplo «faime flashcards do tema 2». Proponche que vai crear, de que documento, cantas preguntas ou tarxetas e con que dificultade. Confírmalo ou pídeslle cambios, e xérase mentres segues usando a app.
Que diferenza hai entre o modo estudo e o simulacro?
No modo estudo tes a MagIA para axudarche e ves a corrección ao momento. No simulacro non hai axuda, o tempo conta cara atrás e ves as respostas ao final, como no exame real. No test e no verdadeiro ou falso podes facer que os fallos resten.
Funcionan as fórmulas e as imaxes?
Si. Todas as ferramentas amosan fórmulas, e os test poden levar imaxes do teu documento. Se unha imaxe do teu PDF é clave, MagIA pode incluíla enteira nunha pregunta ou nos teus apuntamentos.
Podo descargar o que xero?
Os apuntamentos e os mapas, si, en PDF e con marca de auga. O podcast escóitase dentro de PROXUS. Os test, as flashcards, as preguntas abertas, os problemas e os casos aínda non se exportan.
Podo crear podcasts co plan Free?
Crealos, non: os podcasts créanse cos plans MagIA e SuperMagIA. Con Free podes escoitar os das preparacións predefinidas e usar o resto de ferramentas.